tag:blogger.com,1999:blog-89126513497134682024-02-19T00:21:19.273-08:00XOSÉ CERVIÑO Xesús Gulías Lamashttp://www.blogger.com/profile/10650065565985121961noreply@blogger.comBlogger2125tag:blogger.com,1999:blog-8912651349713468.post-1246391939704215272016-03-31T09:17:00.001-07:002016-04-07T03:06:06.720-07:00TRES FALSOS PIARES NOS QUE ALGÚNS AUTORES SE APOIAN PARA CONCEDERLLE A IGNACIO CERVIÑO QUINTEIRO A AUTORÍA DO CRUCEIRO DE HÍO

TRES
FALSOS PIARES NOS QUE ALGÚNS AUTORES

SE
APOIAN PARA CONCEDERLLE A IGNACIO CERVIÑO QUINTEIRO

A
AUTORÍA DO CRUCEIRO DE HÍO EN
CONTRA DO QUE DI A TRADICIÓN, QUE FOI PEPE DA PENA O QUE O FIXO

Xesús Antonio Gulías Lamas

Despois
de ter lido con detención o libro que leva por título “Cerviño contra Cerviño”
do amigo Estanislao F. de la Cigoña, que na súa primeira páxina di nun
entrecomillado, tomado do Pregón das Festas do Sto. Cristo da Luz de Hío, 1999,
escrito por Emilio Alfonso Fernández Sotelo o seguinte: “Es el momento de
recordar y agradecer el trabajo de investigación de D. Eugenio Eiroa Hermo, que
con tenacidad, criterio recto y documentación precisa demostró que Ignacio
Cerviño fue el autor del grupo escultórico del Sto. Cristo de la Luz”, despois
de ler estas palabras tan contundentes, repito, pensei que esa “documentación
precisa” da que nos fala o cura de Hío, sairía a relucir ó longo das páxinas deste
libro. Teño que dicir que a miña frustración foi maiúscula, porque en vez de
ser páxinas dun libro, que eu esperaba de comprobacións documentais precisas, como
se nos di no “introito” que acabo de sinalar, resultaron ser páxinas de
recomendacións para unhas crenzas no que non vimos nós, nin o que as escribiu, nin
sequera o que as propagou, pois chégasenos a dicir que as tres probas que se
van presentar “non admiten discusión posible e non hai máis que acatalas como
verdades de fe”. (páx. 23) Outras páxinas están dedicadas a obras documentadas
de Ignacio Cerviño e noutras moitas, trata de concederlle a este escultor, obras sen ningún
tipo de proba documental nin estilista.

Fonte de Santiago (Cangas)

Altorrelevo do Rvdo.
Graña González

Debo
dicir que non teño nada en contra de ningún canteiro e menos de Ignacio Cerviño
por quen sinto certa admiración, non só pola enorme cantidade das obras
documentadas que deixou, aínda que considero que moitas delas teñen importantes
carencias artísticas e moi mellorables, pero sobre todo, porque foi deixando
por onde pasou, un rastro considerable de documentos e firmas, cousa atípica,
entre os canteiros de Galicia, empezando polo Mestre Mateo. Admiro tamén neste
home, o bo concepto que tiña de si mesmo, xa que se declara “escultor”, algo
similar ó que fai o seu coetáneo González Perdiz, que se chamaba “maestro”. Son
dous casos raros no mundo dos canteiros, xunto con Argibai, o autor do cruceiro
de Maceira, quen tamén se chamaba a si mesmo, “maestro”. Non teño nada persoal
en contra de Eiroa, ó que non coñecín persoalmente e do que lin a primeira vez,
e por casualidade, un artigo que viña publicado no Faro de Vigo sobre o
Cruceiro de Hío; outro artigo, tamén publicado nese mesmo diario con data do 30
de agosto de 1964; algún artigo máis, igualmente publicado no Faro sobre o
mesmo cruceiro e finalmente, os dous artigos publicados no I e II Libro de
Actas de esta Asociación. Non teño nada persoal en contra do amigo De la
Cigoña, autor do libro que leva por título: “Cerviño contra Cerviño”, e por
suposto, non teño nada en contra do Rvdo. Fernández Sotelo, actual párroco de
Hío, ós que aquí sacarei a colación. Digo isto, porque a miña crítica está
dirixida única e exclusivamente ás “probas” empregadas por estes autores para
concederlle a autoría do Cruceiro de Hío e de algúns monumentos máis a Ignacio
Cerviño, baseándose en meras sospeitas e probas sen ningún rigor documental,
simplemente, moitas delas, como é o caso que nos ocupa, pola beleza e
grandiosidade do monumento.

O
Cruceiro de Hío, que non é propiamente un cruceiro, no senso máis tradicional, senón
un “desencravo”, aínda que é coñecido por propios e alleos coma cruceiro, é sen
dúbida, un dos máis fermosos e fantásticos de Galicia. Este cruceiro, atribuíselle
dende sempre, a un canteiro excepcional que se chamaba Xosé Cerviño García, que
naceu no lugar da Pena, parroquia de Santa María de Augasantas, no concello pontevedrés
de Cotobade o día 23 de maio de 1843 e morreu na súa casa da Pena o 4 de
xaneiro de 1922, á idade de 79 anos. Os seus restos repousan no nicho central
do panteón da súa propiedade, situado na parte oriental do cemiterio de Santa
María de Augasantas, case enfronte do testeiro da monumental igrexa desta
parroquia.

A falla de documentos escritos da época da
construción deste cruceiro, levaron a Eugenio Eiroa Hermo, que foi corresponsal
do Faro de Vigo en Cangase e tamén “oficial maior” dese concello ó que pertence
na actualidade a parroquia de Hío, a concederlle a autoría do mesmo a outro
canteiro, coetáneo de Xosé e nacido na mesma parroquia de Augasantas, aínda que
no lugar de Peroselo, chamado Ignacio Cerviño Quinteiro, contradicindo así toda
unha tradición. Referíndose a este feito, di De la Cigoña que “existe unha
corrente popular e tradicional en Cangas que lle adxudica a obra a Xosé
Cerviño. Eiroa (páx. 24) “tamén atopou
xente seria e de crédito que dicían o contrario, algunhas que incluso chegaron a tratar a Ignacio” O
autor de Cerviño contra Cerviño cita un escrito de 2001: 96 onde Eiroa di:
“Camilo Maquieira Solla, artista de cantería de O Xove... quien lo trató
personalmente; Manuel Maquieira que fue viejo guardia municipal...; el maestro
de obras e industrial D. Manuel Sotelo...” Eiroa ten que esperar case 40 anos
dende a publicación do primeiro artigo (1964), para acordarse no ano 2001, de
citar a tres persoeiros que xa morreran e dos que di que coñeceron a Ignacio
Cerviño.

Segundo
o mesmo Eiroa afirma, a primeira vez que publicou un escrito sobre o Cruceiro
de Hío, concedéndolle a súa autoría a Ignacio Cerviño Quinteiro, foi o domingo,
30 de agosto de 1964, nun artigo divulgado no Faro de Vigo, con motivo das Festas do Cristo do Consolo. O
artigo, leva por título: “El Crucero de Hío, verdadera maravilla. La obra de
Cerviño en Cangas”. No artigo aparecen catro fotografías. No centro, e ocupando
a parte alta e máis importante do escrito, vai unha foto do cura de Hío, Don
Antonio Graña, mostrando os cachos das figuras de Adán e Eva, rotas por uns
excursionistas. Na parte baixa, ocupada pola primeira columna, leva unha fotografía do panteón de Graña
Rodal, coñecido como o Ranqueta. No fondo da terceira columna vai o Cruceiro de
Hío e finalmente, tamén no fondo, pero da quinta columna, leva o Matamouros a
cabalo que coroa a chamada Fonte de Santiago, da vila de Cangas do Morrazo.

(Ignacio C. Colexiata de Cangas.
1877) (Ignacio C. Recibos do Cruceiro
do Pego. 1859 e 60)

Neste
artigo, conta Eiroa unha serie de ditos que circulaban polo Morrazo sobre a
personalidade de Cerviño, que son os mesmos que a tradición popular lle
atribuía a Xosé, como son a relación que este canteiro tiña co viño: “todo el
vino le era bueno, con tal de que vino fuera”; “trabajaba lo mismo la piedra
que la madera”; “conocía o arte de destemplar a pedra”; “No había tenido
estudios”; (Ignacio Cerviño sabía ler e escribir) “no recibió más educación ni
le fueron dados más dotes que los de su ingenio”. Tamén di algo da súa colleita
persoal que rectificará ó cabo dos anos: “era un picapedrero más”. Pero nada di
de onde sacou ou en que se fundamentou, para darlle a autoría a Ignacio,
contradicindo toda unha tradición.

Co
tempo, ó darse conta de que todo o que estaba a dicir, tiña que fundamentalo
con “probas” e “testemuñas”, buscará unha serie de “documentos”, como veremos
de seguido, uns de procedencia tan escura e dubidosa que nunca foi capaz de
explicar nin dicir, en que data debemos ir investigar para cotexalo co orixinal,
como é o “recorte dun periódico anterior a 1930”; outros que só proban a
presenza de Ignacio Cerviño como aveciñado en Hío ou en Cangas e finalmente, un
suposto “Libro de Fábrica” ou “Libro da Confraría do Cristo da Luz” que parece só
viu un cura antes de 1930, (isto escrito por De la Cigoña sen ningún tipo de
investigación) outro crego arredor de 1964, dito por Eiroa máis tarde, pero só
de palabra, nunca por escrito e unhas “personas de toda solvencia moral y
cultural”, tal e como se pode ler nas Actas do II Congreso de Cruceiros (páx.
17) que non identifica. Pero este libro ¡nunca o viu Eiroa! e ¡do que nada se
sabe! nin hai ningunha referencia documental noutros libros nin noutros
escritos da época. De seguido imos presentar estas tres “probas fundamentais”
nas que asentou Eiroa e agora explican os seus seguidores, a teoría de que o
Cruceiro de Hío é obra de Ignacio Cerviño Quinteiro. Para este pequeno traballo,
baseareime case exclusivamente no libro “Cerviño contra Cerviño” de Fernández
de la Cigoña, que trata de ser con esta publicación, o exéxeta dos dicires e
dos escritos de Eiroa.

AS TRES PROBAS

1.- O recorte dun
periódico non identificado e imposible de atopar, dunha suposta entrevista
realizada por un tal C.L.V. ó Rvdo. D. Ricardo Touriño, párroco de Hío, antes
de 1930.

2.- O Feito de
que Ignacio Cerviño o 3 de abril de 1872 declarara en Bueu que vivía en Hío.

3.- A manifestación
“oral” que seica o párroco de Hío D. Antonio Graña lle fixo a Eiroa sobre a
existencia e perda dun Libro chamado da Confraría do Cristo da Luz.

(Faro
de Vigo. 30-VIII-1964)

(Base da furna
do Cristo Xacente con letra e firma de Ignacio Cerviño)

PRIMEIRA PROBA.

1.- O RECORTE DUN
PERIÓDICO NON IDENTIFICADO E IMPOSIBLE DE ATOPAR, DUNHA SUPOSTA ENTREVISTA
REALIZADA POR UN TAL C.L.V., Ó RVDO. DON RICARDO TOURIÑO, PÁRROCO DE HÍO, ANTES
DE 1930.

Dísenos
que é un recorte de prensa dunha entrevista que se lle fixo ó Rvdo. D. Ricardo
Touriño, párroco de Hío, nun periódico non identificado e sen data antes de
1930, xa que ese ano morreu o Rvdo. Touriño polo que deixou de ser cura da
parroquia de Hío. Este recorte é un dos piares nos que se baseaba Eiroa para
concederlle a autoría do Cruceiro de Hío a Ignacio Cerviño, en contra do que dicía
a tradición popular, que o autor deste Cruceiro, como xa se ten dito, foi Xosé
Cerviño García, coñecido comunmente coma Pepe da Pena. Nesa entrevista, o
párroco Touriño, se é el o entrevistado, decláralle a C.L.V. que o autor do
Cruceiro de Hío “fue un cantero que gozó de mucha fama en Galicia, llamado
Ignacio Cerviño”.

Esta
nota, chamada de “prensa”, na que o suposto Rvdo. Touriño, equivocado ou non, ó
dar esa información, di nos once carreiros que aparecen no libro de Cerviño
contra Cerviño, (tomada de Eiroa 1996) (páx. 23) o seguinte:

quién lo ejecutó. Es de grandes di-

mensiones
y la columna y cruz con-

tienen un importante número de fi-

guras en bulto redondo y talladas

en solo dos bloques; su autor fué

un cantero que gozó de mucha fama

en Galicia llamado Ignacio Cervi-

ño. Con medios adecuados pudo ser

un buen artifice, pero no pasó de

distinguirse por una gran afición y

extraordinaria paciencia.

C. L. V.

O
autor de “Cerviño contra Cerviño” di, -referíndose a esta nota- que “Don
Ricardo Touriño manifesta nunha entrevista que publicou Faro de Vigo a un
periodista que firmaba coas iniciais C.L.V, que o seu autor fora Ignacio
Cerviño, e por aquelas datas, tanto lle daría que fora Ignacio ou Xosé, xa que
non había polémica a este respecto”. Engade tamén este autor, que a “entrevista
foi realizada antes de 1930”,
polo tanto 20 anos antes de que Castelao publicara ‘As cruces de pedra na
Galiza’. (páx. 23) Chama a atención que esta entrevista careza de data, de
cabeceira, de identificación do periódico, do persoeiro entrevistado e de todo
canto debe ter unha nota de prensa, para saber cando menos a súa procedencia e
poder comprobar a identidade do periódico e cotexalo no arquivo ou na
hemeroteca dese diario polo que nos suscita todas as dúbidas de
veracidade.

Pero
como nos di De la Cigoña que apareceu publicada no Faro de Vigo (páx. 23), para
asegurarme da veracidade desta entrevista, fun ás oficinas que este diario ten
en Vigo en varias ocasións, onde me informaron que teñen todos os xornais
dixitalizados dende a súa fundación, polo que sería posible dar coa citada
entrevista. As procuras no ordenador non as realicei eu persoalmente senón que
foi sempre algún traballador de Faro de Vigo, ós que lle agradezo o tempo e a
paciencia que tiveron comigo e con tódolos meus interrogantes. Despois de
buscar de tódalas maneiras posibles e facer un exhaustivo varrido dende o ano
1860 ata finais de 1930, non apareceu a citada entrevista na que o párroco de
Hío, Don Ricardo Touriño ou outro persoeiro calquera, lle fai esas declaracións
a C.L.V.. Nin apareceu citado o nome de Ignacio Cerviño como autor do Cruceiro
de Hío nin por outro motivo alleo a este feito. Nin sequera apareceu por esas datas
nin por outras, o periodista que firma coas iniciais de C.L.V. Como se trata de
trebellos moi complicados e ás veces, ata caprichosos, deixei pasar un tempo e
volvín a insistir de novo en varias ocasións por ver se lograba dar coa citada
entrevista, volvendo a insistir no mesmo. Despois de fracasar de novo no
intento, non quero dicir que non estea alí o nome de Ignacio Cerviño. O único
que quero dicir, é que non foi posible dar con el, polo que lle pido ó señor de
la Cigoña, que di que se publicou no Faro de Vigo (páx. 23) que nos informe da
data, se foi el quen de facer esa comprobación e non foi un simple “auto de fe”
na palabra de Eiroa, como parece que así debeu acontecer, xa que non dá, como
se adoita dicir, “sinales de vida”.

Agora
ben, o nome do párroco de Hío D. Ricardo Touriño aparece no Faro de Vigo o día
14 de febreiro de 1914 ó ser nomeado ecónomo de Hío; 24-11-de 1924; o 23-6 de 1925; o 23-3 de
1928; o 9-2 de 1930; o 18 do 5 de 1930; o 4 do 6 de 1930; o 5 do 6 de 1930 onde
se di que faleceu despois dunha operación en Santiago e finalmente unha nota
necrolóxica (esquela) o día 6 do 6 de 1930 na que se di que faleceu o día 3
dese mesmo mes e na que dan as grazas os seus familiares por haber asistido ó
funeral, pero en ningunhas ocasión se fai referencia algunha deste cura con
Ignacio Cerviño.

De
todos modos hai que dicir que no cacho de entrevista que se publica, non
aparecen, nin o nome do cura Touriño, nin se fai alusión algunha a que o nome
de Ignacio estaba escrito no Libro de Fábrica ou nalgún outro libro. Esa falta
quérea salvar De la Cigoña dicindo: “...Porque este sacerdote si tiña naquel
tempo, no seu poder o ‘Libro de Fábrica’ da parroquial do Hío, polo que sabía
perfectamente o que dicía, xa que o lera nas súas páxinas manuscritas”. (páx.
23) Como se pode comprobar, isto último é unha explicación catequética do
recorte de Eiroa por parte de De la Cigoña, que se converte no seu exéxeta e
intérprete, para tratar de abrirlle os ollos ós catecúmenos. Ou dito doutro
xeito, é a interpretación necesaria e a explicación “ad hoc” realizada por De
la Cigoña do que dicía Eiroa, e do que “debía pensar o cura se falara”, que non
ten nin un ápice de investigación porque non é capaz de dicirnos en que día e
en que ano saíu publicada esa nota de prensa, senón que temos que crer nela
coma se se tratara dun auto de fe. Eiroa e Fernández Sotelo dirán, como veremos
máis adiante, que o Libro, non era o de Fábrica, senón o da Confraría do Santo
Cristo da Luz, (Eiroa. Actas do II Congreso. Pás. 17) porque o Libro de Fábrica
desa época, si está na Reitoral de Hío, por máis que De la Cigoña se empeñe en
afirmar o contrario, dicindo, como veremos tamén máis adiante, que llo prestou
o cura Graña González (substituto do Rvdo. Touriño) ó que foi alcalde de Bueu, D.
Xosé Mª Massó.

Moi en
contra do que manifesta De la Cigoña, referíndose a esta proba e ás dúas que
veremos de seguido, “que non admiten discusión posible e non hai máis que acatalas
como verdades de fe”, (páx. 23) debo dicir, que con todas estas carencias e por
encima, con esta petición de fe, non é posible admitir esta nota como proba,
pois considero que é preciso que se saiba de onde procede esta entrevista, en
que periódico se fixo, en que data, que razóns dá o entrevistado para facer tal
afirmación etc., porque con esta presentación non se lle pode dar creto algún,
xa que carece de toda consistencia polo que coido que nin é nota de prensa nin serve
como tal.

Non
sei, porque en ningún sitio se di, ou polo menos eu non o atopei, polo que
carecemos desa información, de como lle chegou a Eiroa este “recorte de prense”.
Pero presentalo coma unha proba irrefutable e dicir “que non admite discusión
posible e non hai máis que acatalas como verdades de fe” paréceme un
atrevemento tan grande que non merece nin comentarios.

Como
xa indiquei máis arriba, di De la Cigoña que “foi recollida no xornal Faro de
Vigo”. Cumpre que este autor nos diga exactamente en que data temos que ir
investigar para poder comprobar a veracidade da mesma. De non ser así, esta
entrevista suscítame a seguinte pregunta: é verdadeiro este recorte de prensa
que contén o que lle chaman unha entrevista ou é unha montaxe de Eiroa? Porque
vista así, esta suposta entrevista ou nota de prensa ou como se lle queira
chamar, tendo en conta que Eiroa foi Correspondente do Faro de Vigo durante
moitos anos, ten todos os visos de ser unha montaxe do autor, xa que é moi
sinxelo facer na redacción dun periódico unha nota deste tipo para logo
recortala totalmente, e deste xeito, non poder facer ningunha investigación
para comprobar tan sequera a data, coa que ter polo menos, a certeza da súa
publicación. Ademais hai algo nesta nota que é moi propio de Eiroa: cando fai
unha cita, pon sempre o nome dos autores só coas iniciais, en vez de poñer os
apelidos e o nome con todas as letras. Ver no Libro de Actas do II Congreso,
páxinas da 15 á 21. É o mesmo sistema que atopamos aquí: C.L.V. Ademais,
tampouco se atopou en Faro de Vigo, por esas datas nin por outras, ningún
periodista que firmara con tales iniciais nin que se corresponda con elas. Polo
tanto, teño que dicir que de non aparecer esta nota chamada de prense no diario
no que foi publicada, considero que é FALSA, polo que lle pido ós seus
defensores, que nos digan onde se atopa.

con

(Ignacio Cerviño. Cruz do Cruceiro do Pego)

(Ignacio Cerviño. Cruceiro do Pego)

SEGUNDA PROBA.

2.- A PRESENZA DE
IGNACIO CERVIÑO EN HÍO NO ANO 1872

En
primeiro lugar hai que saber e ten que
quedar moi claro que o Cruceiro de Hío non ten data. A data que dan por boa
autores que trataron este tema como poden ser Eiro, De la Cigoña, Fernández
Sotelo e outros, é a do ano 1872. Pero esta data, como se acaba de dicir, non
está no cruceiro, senón nunha peza exenta, situada á beira do cruceiro. Polo
tanto, o Cruceiro de Hío, non ten data! E se algunha vez a tivo, borrouse. Posiblemente,
esta peza exenta sexa posterior ó cruceiro, porque é un peto de esmolas, no que
depositar cartos para o Cristo da Luz pero isto, non deixa de ser unha
suposición miña.

Tampouco
axudan nada a esclarecer este feito as dúas referencias que hai sobre o Cristo
do Adro no Libro de Fábrica da parroquia de San Andrés de Hío, que en contra do
que di De la Cigoña, como xa se dixo, si que está na reitoral desa parroquia, e
como veremos, consultou Eiroa. O Libro de Fábrica, no folio 130 v. di o
seguinte: “Cuenta rendida por D. Juan Manuel Míguez, Cura párroco de San Andrés
de Hío de las cantidades percibidas para culto de esta iglesia durante los años
de sesenta y cinco, sesenta y seis, sesenta y siete, sesenta y ocho, sesenta y
nueve, setenta, setenta y uno, setenta y dos, setenta y tres y setenta y cuatro”.

CARGO.
Sinálanse varias partidas e no folio 131 v. di: “Tres mil trescientos treinta y dos reales
importe de los muros que se hicieron con motivo de la variación que se le dió
al atrio para la colocación del Santo Cristo.-------------------- 3332”.

Na
páxina 132 pódese ler: “Cuenta que rinde Francisco Javier Piñeiro como
mayordomo fabriquero en los años de mil ochocientos sesenta y cinco, sesenta y
seis, sesenta y siete, sesenta y ocho, sesenta y nueve, setenta, setenta y uno,
setenta y dos, setenta y tres, setenta y cuatro, ambos incluídos...”

DATA: “La
es la cantidad de cinco mil trescientos cincuenta y dos reales gastados en los
diez años en aceite, cera, hostias y utensilios que son por cuenta del
fabriquero, según costumbre.... 5352. Yten setecientos reales que entregó para
ayuda del Santo Cristo del Atrio.--------------- 700”. (páx. 132) Como se pode
apreciar, en ningún momento se especifica en que data se entregaron eses
cartos, tanto para os muros como para a axuda do Santo Cristo do Adro.

Polo
tanto, o ano en que se fixo o Cruceiro do Cristo de Hío si admite dúbidas. O
que non admite dúbidas é o peto de esmolas, coroado por un anxo que ten unha
lenda que reza así: LIMOSNA PARA EL SANTÍSIMO CRISTO DE LA LUZ 1872.

Á
vista de todo isto hai que dicir que o feito de que o 3 de abril de 1872 Ignacio Cerviño Quinteiro asignara diante do
xuíz municipal e do secretario de Bueu un documento (Rexistro Civil de Bueu.
Tomo 3, Sec. 1ª. Nº. de Inscrición 106. Fols. 66-66v) co obxecto de inscribir
no Rexistro Civil dese concello a unha nena que era súa filla, declarando que
era casado, escultor, natural de Augasantas e veciño do Igrexario do Hío e que
ese mesmo ano a súa muller Josefa Linares y Costa, non costureira (páx. 24) de
profesión, como di de la Cigoña, senón “dedicada a las ocupaciones de su seso”
dera a luz unha filla que lle puxeron por nome María del Carmen Remedios. (páx.
24) Este feito, repito, non é concluínte de que estivera alí para facer ou
estivera facendo o cruceiro, nin outro traballo calquera porque non se fai
ningunha referencia a nada, senón que simplemente di, que era veciño do lugar
do Igrexario, parroquia de Hío. Sería concluínte se dixera que estaba
domiciliado en Hío porque estaba a facer alí o cruceiro. En contra do que din
os seus promotores, non se pode demostrar outra cousa nin ir máis alá do que o
mesmo documento di: que era escultor e que vivía coa súa familia no lugar do Igrexario,
parroquia de Hío.

Debemos
sinalar tamén que, tres meses e medio máis tarde, é dicir, o día 20 de xullo dese mesmo ano de 1872,
Ignacio Cerviño declara no Rexistro Civil de Cangas diante do xuíz municipal D.
Xosé Rodríguez e do secretario D. Pedro Nolasco Canda (R.C. de Cangas Número
117) que era escultor e que estaba domiciliado na rúa do Loureiro da vila de Cangas
que foi onde lle morreu a súa filla María del Carmen Remedios, de tres meses e
medio de idade, o día anterior, ás dúas da tarde.

Como
acabamos de ver, o Libro de Fábrica da parroquia de Hío, que está no Arquivo
Parroquial, non aclara absolutamente nada con relación ó ano no que se tomaron
esas partidas para o cruceiro do Adro e as estancias de Ignacio en Hío e
Cangas, tampouco. O único que sabemos que o 3 de abril de 1872 declara que era
veciño do Igrexario de Hío e tres meses e medio máis tarde di que vivía coa súa
muller na rúa do Loureiro na vila de Cangas onde morrera a súa fila María do
Carme Remedios.

De
momento, con estes datos, non se pode ir máis lonxe do que estes mesmos datos
din. Podemos facernos moitas preguntas: -Canto tempo levaba Ignacio Cerviño
aveciñado en Hío? Cando se foi para Cangas? Por que se foi de Hío?, e así ata
cansarnos pero, con estes datos, todas as respostas que deamos non deixarán de
ser simples suposicións e aquí tratamos de facer un traballo de investigación.
Que quede ben claro: un traballo de investigación.

Porque
o feito de que unha persoa, neste caso un canteiro, nun tempo estea aveciñado
nun lugar determinado, non é razón suficiente para non poder realizar un
traballo noutro sitio distinto. Sen ir máis lonxe, o mesmo Ignacio Cerviño, nos
anos 1890-91 estaba aveciñado en Ponteareas como se nos di nunha demanda, sen
embargo, por esas mesmas datas, andaba a realizar en Cangas a fonte de Santiago
e outros traballos máis para poder levar a auga a esa fonte. Sabemos que isto é
así porque nesta demanda que presentou Don José Rey Suárez no nome de D.
Perfecto Labandeira Soliño, di no número 6º dos “Hechos”: “Es de notar que esa
nueva galería fue dirigida y construida no por una persona perita, sino por un
cantero llamado Ygnacio Cerviño, vecino del partido judicial de Puenteareas a
Cañiza, persona incompetente y de la cual no se puede suponer la pericia, el acierto
y la fortuna necesaria para conseguir...” (Arquivo Municipal de Cangas. Contestación
á Demanda do Concello de Cangas. 14 de junio de 1891) Por iso, o feito da
veciñanza nun lugar, non indica máis co que indica: que estaba aveciñado alí
polo que considero que con esta “proba” así sola, no se pode concluír máis do
que di o documento que a contén. De Ignacio Cerviño aparecen bastantes datos da
súa veciñanza en distintos lugares e por diversos motivos. Un dos máis
socorridos é debido ó feito, de que andaba acompañado da súa familia. Por este
motivo, ó nacerlle un rapaz, ou falecer, tiña a obriga de inscribilo e
notificar o feito no rexistro do concello onde se atopaba, como sucedeu no caso
de Hío, daquela pertencente ó concello de Bueu ou posteriormente, en Cangas.

(Ignacio C. Baldaquino
do panteón de Cerdedo) (Ignacio C. San
Isidro Labrador. Panteón de Cerdedo)

TERCEIRA PROBA.

3.- A
MANIFESTACIÓN “O R A L” QUE SEICA O PARROCO DE HÍO D. ANTONIO GRAÑA
GONZÁLEZ LLE FIXO A EIROA SOBRE A EXISTENCIA E PERDA DUN LIBRO CHAMADO DA
CONFRARÍA DO CRISTO DA LUZ. (Páx. 24)

Cóntanos
o autor de ‘Cerviño contra Cerviño’, que “no ano 1964 o cura de Hío, D. Antonio
Graña González, manifestoulle “VERBALMENTE” a Eugenio Eiroa Hermo”, (Hai que
reseñar que no artigo que publicou ese ano non fai ningunha referencia a este
feito, e eu descoñezo outra publicación distinta da que nese ano fixo Eiroa no
Faro. Tamén descoñezo calquera publicación feita por Eiroa sobre este tema,
anterior a 1999, nove anos despois da morte do Rvdo. Graña González). Volvendo
ó inicio: “que el tivo nas mans o citado libro, (refírese ó Libro de Fábrica da
parroquial de Hío) (páx. 24) que herdara do cura anterior (o señor Touriño) no
que viu cos seus propios ollos que o autor do cruceiro do Cristo da Luz foi
Ignacio Cerviño Quinteiro”. (páx. 24) Di que este parágrafo está tomado de
Eiroa Hermo 1964. Compre que nos diga De la Cigoña a onde hai que ir consultar este escrito de
1964 porque, como xa se dixo, no artigo dese ano que saíu publicado no Faro de
Vigo non fai referencia ningunha a este feito e contradí o que afirmou ó
inicio, onde di que a información que lle deu o cura foi “verbal”. E segue dicindo: “Que el, e soamente el, se
consideraba responsable da súa perda, pois prestoullo de boa fe a Xosé María
Massó, por aquel tempo alcalde de Bueu na época de Franco, e todopoderoso
cacique no Morrazo, ó que ningún requirimento se lle podía negar e nunca o
devolveu”. De la Cigoña remata así: “Naquel libro si constaba a paternidade de
Ignacio como artífice do cruceiro do desencravo, como ben manifesta o cura”. (páx.
24)

É
tanta a necesidade de probar o que non dá probado, que este autor (De la
Cigoña) dá como proba argumental contundente
un “dixo Eiroa que lle dixera O Cura” coma se dun documento contrastado se
tratara. A este respecto o mesmo Eiroa dá como argumento e proba contundente a
seguinte xenialidade: “quienes tuvieron en su poder el libro de fábrica de la
Cofradía del Cristo de la Luz sostuvieron siempre que quien realizó el Crucero
fue precisamente Ignacio. Nadie mejor que ellos podían decirlo, y no eran
personas cualquiera, sino que de toda solvencia moral y cultural”. (Actas do II
congreso, páx. 17) Non sabemos quen son esas “persoas de toda solvencia moral e
cultural” dos que nos fala Eiroa, porque non lles pon nin nome nin nos dá
referencia algunha a onde poidamos ir comprobar o efecto que lles produciu o
feito de ter no seu poder ese libro. Hai que dicir que nin sequera el mesmo foi
quen de ver o nome de Ignacio Cerviño escrito no mencionado Libro da Confraría
do Cristo da Luz. Non sabemos cando Eiroa empezou a “contar” por primeira vez
que o cura Graña prestara o libro, porque todo era “verbal”. O que si sabemos é
que nese ano de 1964, estando o cura presente non fai ningunha referencia a ese
libro nin a que o nome de Ignacio estaba escrito nel, nin que o cura lle
contara algún detalle sobre Ignacio Cerviño.

Unha
forma de saír dun atranco cando se precisa unha proba e non se atopa
documentación é a de recorrer a un morto que o contou ou a un libro que ardeu
ou a un documento que desapareceu porque o roubaron ou se prestou. Aquí
estásenos pedindo, non que creamos na palabra do cura D. Antonio Graña, que non
dixo nada en público a este respecto, que se saiba, senón na palabra de Eiroa
que fala por boca do cura, tempo despois de que este morrera, cando sabemos que
Eiroa, a este respecto, tiña uns intereses moi dirixidos, polo que este
argumento suscita tódalas dúbidas e preguntas para que se puidera crer na
existencia de tal libro.

¿Por que cando o cura estaba vivo non
escribiu nada sobre a existencia dese libro nin do que dicía, senón que ten que
esperar a que estivera morto para dicir que lle dixera D. Antonio Graña que o
nome de Ignacio Cerviño estaba escrito nese libro como autor do Cruceiro de
Hío?

¿En todos eses anos que hai entre a suposta entrevista
de Touriño (antes de 1930) e a desaparición do Libro, (supostamente en 1964) non
tivo tempo de consultalo el mesmo? e dese xeito xa non tería que recorrer a
terceiras persoas para dicir que fora Ignacio o que fixera o cruceiro de Hío?

¿Por que cando estaba o cura vivo non o
entrevistou el para que lle dixera que o autor fora Ignacio Cerviño, porque o
vira el escrito nese tal Libro da Confraría do Cristo da Luz? Pois non sería
por falta de tempo, xa que Graña González foi cura de Hío dende 1931 a 1981.

¿Como
se pode entender que antes de que o cura de Hío lle prestara supostamente á
Massó o libro da Confraría do Cristo da Luz, e este libro desaparecera da face
da terra, non houbera ningún cura, ningún interesado, ou como di Eiroa,
ningunha “persoa de toda solvencia moral e cultural” que, con nome propio,
despois de case un século de existencia, fixera público, fundamentado nese
libro, que Ignacio Cerviño fora o autor do cruceiro de Hío?

Á
vista destes dicires, parece que en case 100 anos de existencia do Cruceiro de
Hío, os únicos seres humanos que viron o nome de Ignacio Cerviño escrito nese
libro como autor do Cruceiro de Hío foi D. Antonio Graña, que nunca dixo nada
en público, senón que falan no seu nome Eiroa, Fernández Sotelo e De la Cigoña
e unhas persoas “de toda solvencia moral
e cultural”, que escribe Eiroa, pero sen nomes nin apelidos. Porque o “suposto
Touriño da entrevista”, non di de onde procede a súa afirmación.

A miña pregunta é a seguinte: ¿Existiu
un Libro de Fábrica distinto do que consultou Eiroa no ano 1964 do que nos dá
uns cantos datos no artigo?

Nese
artigo do 30 de agosto de 1964, que De la Cigoña exhibe como punto de partida e
proba “irrefutable”, Eiroa Ermo, autor dese traballo, ó referirse á lenda que
leva no pé o cruceiro di: “las inscripciones que allí grabó Cerviño están a
punto de desaparecer, pidiendo a gritos el clásico tratamiento de la cera.
Gracias a estas inscripciones pudimos saber algo, que ya muchos parecen ignorar”....
Un pouco máis adiante engade: “Fue hecha
esta obra siendo abad el señor...”. Despois engade o articulista: “Debió de ser
D. Juan Manuel Miguez, pues en las cuentas de los años 1865 a 1874, que él mismo
presentó, aparecen consignados 3332 reales, importe de los muros que se
hicieron con motivo de la variación que se le dió al atrio para la colocación
del Santo Cristo” E máis adiante engade: “Las cuentas que el fabriquero
Francisco Javier Piñeiro rindió por la misma temporada (1865-1874) comprenden a
una partida de 700 reales que el mismo
entregó para ayuda del Santo Cristo del Atrio, lo cual dejó a la Iglesia en
deuda con aquel, a quien el arzobispo no dejó de reprender por rendir tantas
cuentas”. De seguido, o articulista fala do peto de esmolas que está á beira do
cruceiro e da súa lenda: “Limosna para el Santo Cristo de la Luz. Año 1872”. Como se pode apreciar
aquí, e dito por Eiroa, este autor, ¡si consultou o Libro de Fábrica! Pois este
é o Libro de Contas onde se inscribiron os gastos do Cruceiro. De haber
existido outro libro máis como sería ese que Eiroa chama da Confraría do Cristo
da Luz, para as contas do cruceiro, con toda seguridade se houbera sinalado
aquí, facendo saber que había outros gastos distintos dos que estaban anotados
no libro parroquial de Fábrica.

(Ignacio Cerviño. Retablo de
Areas. A Presentación)

Como
se pode ver, Eiroa reflicte o que di o libro de fábrica, e nada máis, porque
non había outro libro, porque el mesmo fala do Fabriqueiro e dos gastos que se
xeraron por certos traballos relacionados co cruceiro. Do que non fala o
articulista Eiroa é do autor do cruceiro porque nada di sobre el o libro de
Fábrica. Dá a impresión que nese intre, Eiroa pensaba que ninguén lle poría
obxeccións nin trataría de polemizar
sobre o autor do Cruceiro, pois o simple feito de publicalo no Faro de Vigo,
sería motivo máis ca suficiente para que Ignacio Cerviño fora admitido por todo
o mundo, sen máis, como autor do Cruceiro de Hío como se dera por bo ata aquela
data, sen que ninguén o cuestionase, que fora Xosé Cerviño o que o fixera. Vai
ser de aquí en diante e pouco a pouco, ó empezar a poñerlle obxeccións, cando
empece tamén el a buscar e a tratar de mostrar con estas “probas”, que como
vemos, chegan sempre despois de que morreran as persoas que sabían, que fora
Ignacio o que o fixera ou que viran o seu nome escrito en algures.

(Ignacio Cerviño. Imaxes da
Mesa da Última Cea. Colexiata de Cangas)

Aínda
así, tratei de buscalo nun lugar, que de haber existido, debera estear alí.
Despois de saber que Xosé María Massó García, na compaña do seu irmán Gaspar,
deixaron un Museo na vila de Bueu no que se conservan algúns documentos
anteriores ó descubrimento de América, algúns deles relacionados coa compra e
venda de escravos, sobre todo por terras de Castela; gran cantidade de libros
vellos, cartas mariñas, decretos de navegación, réplicas de navíos de guerra e
de pesca e outros trebellos relacionados con esta actividade, pareceume que era
obrigado facerlle unha visita a ese museo porque, sendo certo que o cura Graña
González lle prestara o libro de fábrica relacionado co Cruceiro de Hío ó señor
Massó, podía ser posible, dada a afección que este home e a súa familia tiñan
por todo tipo de documentos antigos, que estivera alí conservado. Presenteime
no museo Massó, propiedade actualmente da Xunta de Galicia, o día 14 de xaneiro
do ano 2014 para ver se era posible que me deran alí noticias dese libro.
Dirixinme á directora dicíndolle que podía ser, que no ano 1964, o cura de Hío, D. Antonio Graña González, lle
prestara un Libro no que se falaba do Cruceiro de Hío e do seu autor ou
autores, a D. José María Massó. Ese
libro, dependendo un pouco dos autores que o citan como fonte de coñecemento da
realización do Cruceiro de Hío, levaría por título:

- Libro de Fábrica de la Cofradía del Santo Cristo
de la Luz,

- Libro de la Cofradía del Santísimo Cristo de la
Luz,

- Cofradía del Santísimo Cristo de la Luz.

Tamén puidera chamarse: - Libro de
Fábrica de la parroquia de Hío ou - Libro de Fábrica de la Parroquia de San
Andrés de Hío. Díxenlle tamén que o citado libro, podería estar encadrado na
segunda metade do século XIX xa que o Cruceiro, segundo se pode ler no Libro de
Fábrica da Parroquia de San Andrés de Hío, debeuse realizar entre os anos 1865
e 1874. Se fora o Libro de Fábrica da Parroquia, cabía a posibilidade de que
empezara anos antes da data arriba sinalada.

SOLICITO

1.- Que se me diga se existe nesa biblioteca-museo un libro no que se
escriba sobre o cruceiro de Hío e da súa feitura.

2.- Se nese libro aparece o nome do autor ou autores que realizaron esa
obra magnífica, como é o Cruceiro de Hío.

3.- No caso de que exista ese documento, poder comprobar o contido no
referente ó autor ou autores do cruceiro e a posibilidade de realizar
fotocopia do texto no que se faga referencia ó autor ou autores do Cruceiro de
Hío.

O
mesmo día, 14 de xaneiro a directora informoume que non había ningún libro
catalogado con ese nome nin que tratara sobre o tema do Cruceiro de Hío. Neste
informe díxome que hai varios documentos sen catalogar pero que os tiña
repasado todos e en ningún deles había a
información que eu solicitaba. Debo dicir que o Museo Massó, o seu arquivo e a
súa biblioteca están a disposición de quen queira preguntar e investigar sobre
este detalle.

Por
aquilo de que D. Xosé María Massó foi alcalde de Bueu, e unha vez que estaba
nesa vila, achegueime ó concello solicitando poder entrevistarme co arquiveiro.
Na mesa de información remitíronme ó Arquivo Municipal que está nunha casa que
o concello de Bueu ten para este efecto na parroquia de Cela, moi preto de
igrexa románica de Santa María. Atendeume o arquiveiro D. Belarmino Barreiro
Rosales quen me informou que non hai nese arquivo municipal ningún libro que
trate sobre a Confraría do Santo Cristo da Luz nin nada relacionado co Cruceiro
de Hío.

Pois
ben, hai que dicir que con relación ó suposto
Libro da Confraría do Cristo da Luz: non hai unha soa referencia nos libros
parroquiais nin en ningún documento, nin sequera nos escritos de Eiroa
anteriores á morte do cura, nin nada que poida demostrar que tal libro existiu
polo que hai que poñer en entredito a palabra de Eiroa xa que este home, e
neste caso concreto, parece que ten todos os visos de que non se comportou como
un investigador senón coma un “fabulador” que se inventou un Libro co único
propósito de concederlle a autoría do
cruceiro de Hío a Ignacio polo que lanzou o bulo da existencia dun suposto libro
chamado da Confraría do Cristo da Luz no que por suposto, se falaría do autor do
Cruceiro e se diría que era Ignacio, o
seu autor, facendo público isto, despois de que xa tiña morto Graña González,
que segundo Eiroa, foi o que prestou o mencionado libro.

Para
min, tanto o invento do libro de Fábrica da Confraría do Cristo da Luz, como o
da entrevista de C.L.V. nun periódico non identificado, coido que foi xurdindo
co tempo, despois de que Eiroa descubrira que a Fonte da Colexiata de Cangas
que está coroada por un Santiago Matamouros, lle fora contratada polo concello
de Cangas a Ignacio Cerviño. Unha forma de darlle prestixio, no só á fonte, senón ós monumentos de Cangas e ós
que hai nos arredores, era concederlle a ese mesmo autor, a feitura do Cruceiro
de Hío. Como do autor do Cruceiro de Hío non atopou documento ningún, non se
lle ocorreu mellores cousas ca
inventarse co tempo un Libro de Fábrica dunha Confraría e unha suposta
entrevista a un cura que xa morrera. Porque, como se pode comprobar, a primeira
proba, que é a nota dun periódico, “xorde” despois da morte dun cura e a
terceira, despois de que se perdeu un libro do que nada hai escrito ata despois
de que morrera tamén outro cura, que segundo o autor deste “invento”, foron os
únicos que viron tal libro, ademais das “persoas de toda solvencia moral e
cultural”, que sinalamos máis arriba.

(Ignacio Cerviño. San Xoán Evanxelista) (Ignacio
Cerviño. Xesús coa cruz)

Todos os argumentos que se dan son sempre a
posteriori; ou ben, despois de que morrera a persoa que o sabía, ou
desaparecera o libro que contiña as necesarias confirmacións, polo que
considero que todas estas “probas” que nos deron son unha verdadeira “tomadura
de pelo”. Teño que dicir, que nas miñas pescudas sobre o recorte do Faro de
Vigo e a do Libro da Confraría do Cristo da Luz, sentinme estafado, burlado, enganado
e perdendo o tempo nas “ocorrencias” dunha persoa que por teimar nunha idea imposible,
por ser falsa e sen fundamentos, fíxome cachear en arquivos, buscando unha
mentira. Neste senso, os seus discípulos, son moito máis eficaces, xa que
consideran estas teorías como artigos de fe e cren nelas sen necesidade de
sometelas a probas empíricas para comprobar a veracidade das mesmas.

(Ignacio
Cerviño. A Madalena) Ignacio Cerviño. Francisquiño
das Ferramentas)

Á
vista destas consideracións penso que para ir desmontando todas estas “FANTASÍAS”
que foi tecendo Eiroa e agora seguen a manter os seguidores das súas teses,
simplemente con palabras, sen aportar un DOCUMENTO QUE AS ACREDITE, considero
que sería necesario realizar unha investigacións exhaustiva por parte de críticos de arte, cualificados e
independentes, que estuden e comparen se
o autor do Santiago Matamouros da Fonte
da Colexiata de Cangas, o San Isidro do Panteón de Cerdedo, o Cruceiro da
ermida de Nosa Señora do Pego, as imaxes da Mesa da Última Cea, o Cristo
Articulado do Desencravo, as imaxes da Madalena, a Verónica, o Francisquiño da
Ferramenta e algunha máis, igualmente, na colexiata de Cangas e as imaxes do
retablo das Sete Dores da Virxe, na igrexa de Santa María de Areas, das que
sabemos documentalmente que pertencen a Ignacio Cerviño, DETERMINEN SE PERTENCEN Ó MESMO AUTOR QUE FIXO O CRUCEIRO DE HÍO, O
PANTEÓN DO RANQUETA, O CRUCEIRO DE COVELO E O PAXE DA FONTE DO CRISTO DE
PORRIÑO. Porque as obras que sinalabamos arriba, sobre todo as exentas,
coñecidas tamén coma de “vulto redondo”, e que sabemos documentalmente que
pertencen a Ignacio Cerviño, son tecnicamente inferiores e con moita diferenza,
das do AUTOR do Cruceiro de Hío, do Panteón de Ranqueta, do Cruceiro de Covelo
e do Paxe da Fonte do Cristo de Porriño, por sinalar algunhas. A técnica do
autor destas catro últimas obras que sinalamos, está a anos luz, da técnica das
obras que sabemos documentalmente que son de Ignacio Cerviño. Ignacio Cerviño
foi un excelente canteiro. O seu problema grave como escultor, reside sobre
todo, nas imaxes exentas, xa que mostran gran rixidez, excesiva desproporción,
carencia de expresividade, falta de movemento e en moitas ocasións, remates
inacabados, que os seus defensores argumentan dicindo que era, porque ían ser
policromadas.

Ós que traballamos e investigamos sobre este
“sainete”, só nos queda por ver a “parusía” do Libro da Confraría do Cristo da
Luz, que seguramente algún día o fará regresar do mundo da fantasía, convertido
en realidade tanxible, algún dos seus discípulos. Polo que penso e espero, que
este libro se manifeste con todo o seu esplendor e gloria en algún arquivo
despois de haber pasado polo limbo dos anxiños por non ter recibido a auga do
bautismo de mans do Rvdo. Graña González antes de este lle entregara a
criatura, ó todopoderoso Massó que non tivo a ben, inscribilo no rexistro dos
bautizados. Aínda así, ó non ter culpa a criatura, os deuses apiadaranse del e
devolverano á vida, san e salvo para gloria de Ignacio Cerviño e dos que o
consideran pai do que non foi.

(Ignacio Cerviño. Xesús coa Cruz. Parte
posterior)

Ignacio Cerviño. A
Verónica

Debo
dicir que no muro do adro de San Andrés de Hío, hai unha placa de bronce na que
se di que Ignacio Cerviño foi o autor dese cruceiro. Ó meu entender, esa placa
é un insulto ó bo facer doutro canteiro e está fundamentada sobre unhas probas
máis ca sospeitas, creadas por unha persoa que nunca puido demostrar que eran
certas, polo tanto, por honradez humana, sería conveniente retirala, mentres
non se teña a lo menos, unha proba de certeza contrastada e irrefutable.

(Xosé Cerviño. Pepe da Pena. Cruceiro de Covelo)

(Xosé Cerviño. Pepe da Pena. Cruceiro
de Hío)

Xesús Antonio
Gulías Lamas

Santa María de Beariz de Montes, Novembro de
2014.

Xesús Gulías Lamashttp://www.blogger.com/profile/10650065565985121961noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8912651349713468.post-23694102208218866582010-11-11T11:30:00.001-08:002012-11-15T06:38:46.195-08:00Cerviño e o Cruceiro de Xirazga

CERVIÑO E O CRUCEIRO DE XIRAZGA<o:p></o:p>

Xesús Antonio Gulías Lamas

Eu vin ó mundo na parroquia de Santa María de Beariz de Montes e dende a casa onde nacín, vese a Torre de Cerviño, como lle chamamos os veciños desta parroquia á torre da nosa igrexa. Posiblemente, por iso, por haber nacido en Beariz de Montes, xa sendo neno pequeno, o nome de Cerviño soábame coma algo familiar, coma se formara parte dende sempre das nosas cousas, porque o máis lanzal, o máis rechamante, o máis sobresaínte daquela casa, que é a casa de todos, fixera José Cerviño, Pepe da Pena de Aguasantas, o canteiro máis grande e o máis admirado de cantos tiveron na man un punteiro e unha maceta.

Telesfora Montero e Xosé Cerviño<o:p></o:p>

Miña avoa María, contábame que cando Cerviño estivera en Beariz refacendo a torre da igrexa, ela aínda non nacera e por iso non se lembraba deste feito, pero sabía que tivera unha boa amizade con seu pai, Benito Gulías Ogando, máis coñecido na Terra de Montes, coma O Currucho. O Currucho Vello, foi, polas obras que deixou, un bo canteiro, que coma tantos outros, tamén traballou na torre, cando Cerviño dirixiu aquela obra. Contábame tamén, miña avoa, porque así llo contaran a ela, que tanto os canteiros de Beariz coma os veciños da parroquia, non cobraran nada polos traballos que realizaron, xa que foi coa achega do traballo dos canteiros dos lugares de Beariz, picando pedra e das mulleres, axudando a facer os carretos, como se reedificou a torre que desfixera un raio un día de forte treboada.

<o:p></o:p>Torre de Santa María de Beariz de Montes, obra de Xosé Carviño<o:p></o:p>

Tamén me contaba miña aboa María, que aínda conservaba na súa mente, despois de tantos anos, un recordo de Cerviño, de cando ela era unha nena duns nove ou dez anos, que saía unha mañá para a escola que había para todas as rapazas da parroquia no lugar de Muradás, cando chegou Cerviño á casa para facerlle unha visita ó seu pai, e contoulle o famoso canteiro, que estaba facendo un cruceiro en Xirazga, que lle encargara o cura daquela parroquia de Montes, que se chamaba D. Manuel Carballal.

Contaba tamén, que non sabía ler nin escribir. Isto dicíao cando a miña tía Asunción que foi a miña primeira mestra, me facía estudar na casa as leccións que me puña na escola e non me deixaba ir brincar cos outros rapaces da miña idade polo pobo arriba, polo que a miña vella, adoitaba dicirlle: “Este rapaz, non deixa a “estornela” en todo o día, e ó mellor non lle sirve para moito”. Cando eu lle dicía que quería ser canteiro, ela repuña: “Para ser canteiro, non fai falta tanta “estornela”: Cerviño non sabía ler nin escribir e fixo a torre de Beariz, o Panteón de Merelles e o Cruceiro de Xirazga”. E eu dáballe toda a razón do mundo, pero miña tía, non pasaba por esas, e facíame aprender as leccións, ó pé da letra, disque, para exercitar a memoria.

Esta é a miña tradición e o meu primeiro achego á figura de Pepe da Pena, o José Cerviño de Aguasantas. Xa que nos xuntamos aquí, no Castelo de Sobroso, para falar de cruceiros, de cruces e de petos de ánimas, quérovos presentar hoxe cinco destes monumentos da miña terra. Dous deles, son francamente grandiosos. O máis importante, é sen dúbida, o Cruceiro de San Salvador de Xirazga, obra como acabamos de dicir, de Cerviño e o peto de ánimas da Carballeira de Doade, de autor descoñecido. Os outros tres, son moi humildes; tan humildes, que pasan desapercibidos para a maioría de xente que camiña á súa beira: o peto de ánimas do muro do adro da igrexa de Santa María de Beariz de Montes, o peto de ánimas do muro do adro da igrexa de San Salvador de Xirazga e esmoleiro da capela de Santo Domingo.

Pero antes de pasar a describir estes monumentos da miña terra, quixera dar dúas pinceladas, aínda que sexa de xeito superficial e sen grandes profundidades, sobre a personalidade de Cerviño, algo do seu estilo e o que as súas obras representan para os que temos a sorte de telas cerca.

Hai unha frase no Evanxeo de San Mateo, no capítulo VII, versículo 16, que logo se repite no 20 e que di así: “Polos seus froitos, coñecerédelos”. E cales son os froitos dun canteiro?: As súas obras.

Cerviño fixo moitas obras, pero escribiu moi poucas veces o seu nome. Eu vino escrito no panteón que realizou para si e para a súa familia, que é onde repousan os seus restos mortais, no cemiterio de Santa María de Aguasantas, nun letreiro que hai na parte alta, onde di: “PROPIEDAD DE JOSE CERVIÑO”. Tamén nese mesmo cemiterio, e case en fronte, hai un panteón moi rechamante que leva na parte alta do mesmo, un medallón flanqueado por un par de leóns rampantes, onde se pode ler arredor do medallón, pola parte superior: “DEL CAPITAN D. JOSÉ LOPO PIÑEIRO” e, tamén arredor, pero pola parte baixa, di: “LO HIZO JOSÉ CERVIÑO”.

Panteón de Cerviño (Aguasantas) Panteón feito por Cerviño (Aguasantas)<o:p></o:p>

No cemiterio parroquial de Santiago de Antas, no centro do testeiro do presbiterio da súa igrexa parroquial, hai tamén outro panteón monumental, que leva na cima un sarcófago cunha cartela polo lado norte, que segundo testemuña de Estanislao F. de <st1:personname productid="la Cigo�a" w:st="on">la Cigoña</st1:personname>, parecer ser, que tamén está escrito o nome de José Cerviño, como autor da referida obra. Cando eu estiven alí, non fun capaz de ver con meridiana precisión o nome de Cerviño, xa que as letras da cartela, estaban tan deterioradas, despois dunha profunda lavada que lle deron, que non me permitía unha correcta lectura. De todos modos, quero dar e dou por boa a lectura que no seu día fixo De <st1:personname productid="la Cigo�a" w:st="on">la Cigoña</st1:personname>, polo que considero, que o nome de Cerviño, aparecería polo menos, tres veces, escrito en pedra.

Sepultura feita por Cerviño en Santiago de Antas<o:p></o:p>

Polo demais, que se saiba, non hai constancia de que houbera firmado unha obra, nin un contrato, nin dado unha carta de pago, nin nada que se lle pareza, tanto cando traballou para persoas particulares, como cando o fixo para as igrexas parroquiais, baixo a vixilancia e o patrocinio dos seus párrocos. Xosé Cerviño, deixaba que o corazón da xente que lle encargaba unha obra, respondera á confianza que el tiña posto nas persoas que lle daban o traballo. Era tal a fiabilidade que tiña na xente, que para o contrato dunha obra, abondaba a súa palabra para facela, e a palabra do contratante, para recibila, unha vez realizada.

Posiblemente, por ser tan bo en tódolos sentidos, é dicir: na bonhomía e na arte, tivo tanto traballo!, fixo tantas obras! e morreu tan pobre!.

O seu estilo é grandioso, inconfundible, sensacional e innovador. Quérome fixar hoxe unicamente, nalgúns detalles dos Cristos e dalgúns personaxes dos seus cruceiros coas súas cruces, case sempre ataviadas con nodosidades, coma as árbores desta terra. Os seus Crucificados están revestidos da dor do ser humano que sofre e expresa o seu sufrimento nos corpos desgarrados, cese sempre, lixeiramente dobrados sobre o costado dereito, mostrando a debilidade e a impotencia de todo un Deus que se fixo home e morreu cravado nunha cruz.

Cando os Cristos aínda están vivos, Cerviño parece que os representa nun recollemento profundo, coma se lle estiveran pedindo ó Pai, perdón pola barbarie que a humanidade está cometendo, como sucede no cruceiro de Xirazga ou no cruceiro de Troña. Cando están mortos, as cabezas déitanse derrangadas e os corpos deixan caer todo o seu peso no baleiro, suxeitos unicamente polos tres cravos ou pola fina saba, no caso dos descendementos, que van deixando que se deslice, dende a travesa da cruz, Xosé de Arimatea e Nicodemo, que subidos nas escaleiras, están realizando esta delicada tarefa.

E sobre a plataforma dos capiteis sempre ataviados con anxos, están as figuras que nos narra o Evanxeo, presenciado a escena: a Virxe, consolada por San Xoán; a outra María e a Madalena, ós pés de Cristo, en ademán de cooperante.

Case sempre, no reverso da Cruz haberá unha Virxe. Se non fora así, estará na vara, ou nos pés do mesmo cruceiro, pero sempre estará a figura da Nai de Deus.

As súas Inmaculadas, son excelsas, vencedoras do mal e do pecado, conscientes da limpeza que representan. As súas Asuncións, simbolizan como ningunhas a levedade da materia e a forza do espírito, buscando a transcendencia. E as súas Dolorosas, representan as penas dunha Nai, que máis alá da dor que produce a morte, queren deixar nos camiñantes que miran cara ó alto, a firme esperanza da salvación que nos trae o seu Fillo que está por detrás, cravado na Cruz. ¡Esta é unha parte da teoloxía dos Cruceiros de Cerviño!.

Porque os Cruceiros de Cerviño son, ademais de obras de arte, un manual didáctico da catequeses cristiá, xa que foi capaz de reflectir na pedra de cada un deles, o intre que quería expresar, sublimando aquela catástrofe humana, para revestila de esperanza e achegarnos con iso á fe da salvación, que Deus nos trae neste misterio. É así, como non só nos pon na escena do Calvario, senón que nos mete de cheo a participar, cos demais personaxes, nos actos que alí se están a desenvolver, facéndonos, con todas as súas figuras, actores dese intre tan transcendente para a humanidade.

Teño que facer unha referencia, aínda que sexa pequena á vestimenta dos seus personaxes. Os longos vestidos, tanto das Virxes, coma das santas e santos, que aparecen nos seus cruceiros, presentan todos unha sinxeleza de formas, pouco común na maioría dos canteiros da época, moi dados ás dobreces rebuscadas. Os vestidos das imaxes de Cerviño, están libres de complicacións e baixan dende o alto ó correr da figura, deixando como transparentar dalgún xeito, as formas do corpo. Só as capas, que lle cobren as costas, están ataviadas nas beiras con pregos ondulados, para darlle ás imaxes unha esvelta elegancia.

Os que temos a sorte de posuír nos nosos pobos e poder admirar cada día, unha obra de Cerviño, non nos queda máis remedio que agradecerlle a Deus, que un día puxera nesta nosa Galicia, un canteiro sen ambicións económicas, sen ansias de riqueza nin loanzas; con tanta arte nas mans, cunha cabeza tan ben organizada, cunha capacidade de sacrificio tan enorme, que fixo na pedra, marabillas, sen as pretensións da gloria deste mundo, sen vaidades, coa humildade dos pobres do Evanxeo, que escribiu, todo un manual de teoloxía catequética, empregando unicamente os “escurios, os ferronchos e as calmotas”, como dirían os canteiros no seu verbo.

Vou pasar de seguido a facer unha pequena descrición das obras arriba mencionadas do concello de Beariz de Montes.

O CRUCEIRO DE XIRAZGA<o:p></o:p>

O cruceiro de Xirazga, é unha obra mestra, coma todas as obras de Cerviño, a pesar das dificultades coas que se atopou, debido ó tipo de pedra co que está realizado, xa que foi elaborado con granito da zona de Xirazga, de gran excesivamente groso, o que lle dificultaría de xeito moi sensible, a calquera escultor, unha perfecta talla. Está chantado na parte norte do adro da igrexa parroquial de San Salvador de Xirazga e é coma un canto á elegancia, onde as liñas e os perfís se subliman para facer, arredor dunha vara e dunha cruz, un canto a varios pasaxes da Biblia.

Cruceiro de Xirazga<o:p></o:p>

O fuste, no primeiro tramo, de arranque cadrado, coas arestas baquetoneadas, lava tallas no rebaixe de cada cara. Nunha o cáliz e a columna; noutra o látego e as tenaces; na seguinte, o martelo, un corazón e tres cravos para rematar coa lanza, a cana co hisopo e a escada. Xa un pouco máis arriba, coma se acabara de nacer o mundo, sobre as peañas do paraíso, aparecen, a un lado Adán e ó outro Eva, que colle na man a mazá que lle entrega a serpe, que está formando parte integrante da árbore da vida, como signo do mal e do pecado, para que Adán a coma e, deste xeito, se contamine a humanidade, neles representada.

Onde a vara se fai octogonal, tamén sobre peaña, está un santo da raza dos cruceiros galegos, que forma parte da familia franciscana, ó que tanta devoción se lle ten na Terra de Montes. Este San Antonio non ten o Neno Xesús no colo, posiblemente porque lle partira polo que tivo que poñerlle o brazo pegado ó corpo e cunha especie de palma na man. Esta posibilidade, lémbrame, o que me dicía a min nunha ocasión o meu amigo Vilas, de Lalín, cando estaba tallando en Beariz, A Muller e a Filla do Emigrante: “Vou intentar poñerlle o brazo en alto, pero se me rompe, métolle a man da faldriqueira”. Algo así lle debeu pasar neste caso a Cerviño.

Cruceiro de Xirazga

Á mesma altura, pero no reverso da vara, tamén sobre peaña modulada, vai unha Verónica, vestida coa simpleza das obras de Cerviño, onde as roupas caen polo seu propio peso sobre o chan e so a capa se atavía con dobreces onduladas, que lle dan á figura, unha gran elegancia. A cabeza da Verónica, lixeiramente erguida e ladeada, ten a vista mirando ó ceo, mentres que coas dúas mans mostra un gran pano no que aparece o rostro de Cristo en alto relevo, de finísimas proporcións e exquisito acabado. De aquí para riba, a vara convertese en cilíndrica, para darlle descanso ó capitel.

O capitel, de estilo corintio, con volutas nas arestas e follas carnosas dobradas ó exterior, está decorado na parte alta da cesta cunha cabeciña de anxo en cada unha das caras. A cruz, cilíndrica con nodosidades, presenta pola cara meridional unha imaxe de Cristo de excelentes proporcións, perfecto acabado e coas liñas do corpo moi marcadas, o que denota por parte do autor, un excelente coñecemento da anatomía humana. Ten o rostro sereno, perfectamente rematado, cunha coroa de espiñas exquisitamente trenzada. A imaxe está suxeita á cruz por catro puntos, presentando na parte superior un gran baleirado e cunha caveira ó pouco do arranque. Polo reverso, presenta a imaxe da Dolorosa cunha espada cravada no corazón. Ten as mans cruzadas en alto e leva un vestido, con caída sinxela e sen complicacións, ó correr do corpo, e sobre o lombo, unha fermosa capa con dobreces onduladas en diminución. Vai pousada sobre peaña modulada cun anxo no apeo.

Toda esta marabilla, vai montada sobre un pedestal, de perfil modulado, colocado sobre tres chanzos de escaleiras e na cara meridional, podemos ler o seguinte: SE HIZO POR EL PARROCO D. MANUEL CARBALLAL. 1896.

PETO DE ÁNIMAS DA CARBALLEIRA DE DOADE

Trátase dun peto en forma de frontón, tipo pechado, realizado con perpiaños, de sección rectangular e remate semicircular cunha imposta de cimacio arredor. Ten tres metros con setenta centímetros de altura; un metro con corenta e seis de ancho e cincuenta e catro centímetros de espesor no corpo da fornela. Os outros dous, son lixeiramente máis grosos: cincuenta e oito e sesenta e tres, respectivamente.

Consta de tres corpos. O primeiro liso, cun rebaixe rectangular onde leva unha lenda que di a tres carreiros: SE HIZO SIENDO CURA PARROCO DE GIRAZGA D. MIGUEL VILLANUEVA AÑO 1860.

Peto de ánimas da Carballeira de Doade<o:p></o:p>

O segundo corpo abre no centro un arco de medio punto lixeiramente rebaixado polo que se accede ó interior dunha fornela que se cubre cunha pequena bóveda onde se acubilla un retablo coa Virxe do Carme co Neno Xesús no colo e as ánimas no medio das lapas en ademán de súplica, e sobre o piso do fronte vai o queixón das esmolas. Unha reixa de ferro impide o acceso ó interior. O arco apea sobre unhas pilastras de sección rectangular, ataviadas con xunquiño. Na parte superior, un baquetón percorre todo o paramento.

O terceiro corpo é semicircular con cimacio, tanto no segmento curvo coma no diámetro. Sobre o ápice leva unha cruz lixeiramente biselada e un pendón piramidal a cada lado.

Este peto de ánimas está chantado na parte meridional da carballeira de Doade, na que se celebra todos os días 9 de cada mes, sen interrupción, dende a Idade Media, unha das feiras máis sonadas de toda a Terra de Montes. Está moi cerca da porta occidental da capela de Nosa Señora do Carme e á beira da estrada que une Beariz de Montes con Pontecaldelas.

PETO DE ÁNIMAS DE SAN SALVADOR DE XIRAZGA.

É este un peto que está composto por unha pequena fornela tallada en dúas pedras do muro oriental do adro da igrexa parroquial de San Salvador de Xirazga.

Na actualidade non ten retablo nin reixa e a caixa das esmolas está no interior e ía cuberta cunha tapa, posiblemente de ferro da que se conservan os buratos onde ían espetadas dúas bisagras. Non ten nin o máis mínimo sinal de devoción popular e non hai constancia nin tradición de que o houbera noutros tempos.

Peto de ánimas de San Salvador de Xirazga<o:p></o:p>

Carece de inscricións e posiblemente sexa da época do muro do adro, porque no libro de fábrica do ano 1746 que remata no ano 1816, di así ó referirse á visita que lle fixo á parroquia no ano 1778 o visitador e provisor, do Arcebispo de Compostela, que “en plazo de seis meses concurran obreros para que acomodándole sitio para la sacristía y en la parte del atrio que es de la iglesia, dejándolo más capaz y el muro más alto al camino, con sus puertas, y siendo de los vecinos los carretos y el allanar y fundar las sepulturas”. (1)

(1) Libro de fábrica, fol 89 vº.

PETO DE ÁNIMAS DE SANTA MARÍA DE BEARIZ DE MONTES

Entre os anos 1773 e 1779 fíxose o muro do adro e as cruces do viacrucis, das que na actualidade só se conservan cinco, polo lado norte. As dos lados oriental e meridional desapareceron cando se ampliou o cemiterio por ambos lados. Era prior da freguesía de Santa María de Beariz de Montes o cisterciense, Frei Chrisóstomo Losada, segundo podemos constatar na inscrición que hai na parte máis noroccidental deste muro.

Peto de ánimas de Santa María de Beariz de Montes<o:p></o:p>

O peto de ánimas está situado na parte norte do muro, moi cerca da inscrición coa data de 1773 e das cancelas que dan acceso ó interior do adro da igrexa parroquial. Trátase dunha fornela ó xeito de cuncha de vieira, con arco de medio punto, que leva tallada no interior unha cruz en baixo relevo.

A caixa das esmolas, que tivo tapa de ferro, está na parte inferior e vai ataviada no fronte cun antepeito modulado, actualmente, bastante deteriorado.

Posiblemente tivera en orixe retablo de madeira. Non hai constancia documental nin por tradición oral, que este peto amosara devoción ou culto por parte dos fieis, nos derradeiros tempos.

<o:p></o:p>

PANTEÓN DE MERELLES<o:p></o:p>

(Obra de Xosé Cerviño)<o:p></o:p>

Este panteón é coñecido en Beariz como o Panteón de Merelles, xa que foi mandado construír por D. Domingo Antonio Merelles, quen fora deputado, primeiro pola circunscrición de Ourense e finalmente pola de Carballiño, nas lexislaturas de 1839, 1841 e 1858-1863. Tamén foi senador pola provincia de Ourense na lexislatura 1871-1872. Foi pai de D. Adolfo Merelles y Caula, que foi deputado polo Distrito de Ribadavia entre os anos 1879 e <st1:metricconverter productid="1907, a" w:st="on">1907, a</st1:metricconverter> excepción dos anos 1891-1893 que fora elixido senador pola provincia de Canarias e entre 1896-1898 cando fora nomeado senador pola provincia de Ourense. Merelles Caula foi o pai de D. Adolfo Merelles Martel, quen tamén foi elixido Deputado a Cortes polo distrito de Ribadavia, entre os anos 1910-1914, polo partido liberal. O monumento foi labrado por Cerviño a comezos do derradeiro cuarto do século XIX, posiblemente cando refixo a torre da igrexa parroquial de Santa María de Beariz de Montes, que fora derrubada por un raio. <o:p></o:p>

<o:p></o:p>

Panteón de Merelles<o:p></o:p>

O monumento está acaroado pola parte meridional ó presbiterio da Igrexa parroquial de Santa María de Beariz de Montes. Consta de catro nichos superpostos, colocados lonxitudinalmente e rematados nun frontón semicircular pechado, cun medallón ovalado no centro e ataviado con lambrequíns, ó xeito de escudo onde está escrito, na actualidade case ilexible, o nome do propietario: PROPIEDAD DEL S. D. DOMINGO A MERELLES. Sobre o ápice, leva unha cruz cos vértices ó exterior e irradiacións na intersección dos brazos, ambos rotos. <o:p></o:p>

Todos os nichos, salvo o primeiro, que leva unha cartela simple e plana, están decorados nas paredes lonxitudinais. O segundo, que ten as paredes cóncavas, vai decorado cun par de panos, pendido cada un, de dous botóns e coas puntas caídas en vertical; o terceiro, leva en cada esquina unha flor de catro pétalos lobulados e o cuarto, vai ataviado cun reberete de follas anchas nos extremos. <o:p></o:p>

A cornixa do segundo, labrada en cuarto de toro é a máis elaborada, xa que está decorado con follas trilobuladas e o terceiro, está rematado en peito de pombo con listel na parte superior; as demais son rectas. O frontón leva cornixa lisa en planos superpostos e media cana pola parte exterior cun par de bágoas nos asentos.<o:p></o:p>

Na 1ª Edición do ABC, do martes 21 de febreiro de 1911, aparece unha publicación na súa páxina 8, que di: “En su casa de la calle Cervantes falleció anoche, a las ocho y veinte, el respetable hombre público D. Adolfo Merelles Caula.<o:p></o:p>

Desde las Constituyentes del 09, el señor Merelles representó en el Congreso en casi todas las legislaturas, el distrito de Ribadavia, y ocupó en diversas ocasiones un puesto en el Senado por el voto de sus electores de Canarias y Orense.<o:p></o:p>

Durante los gobiernos liberales desempeñó elevados cargos –director general de Obras Públicas y de Administración y Fomento, subsecretario de Ultramar y de <st1:personname productid="la Gobernaci�n" w:st="on">la Gobernación</st1:personname> y director general de Penales-, demostrando en todos ellos su rectitud, su elevado espiritu y su caballerosidad, cualidades que daban a su personalidad gran relieve, y por las cuales era generalmente estimado.<o:p></o:p>

Sus grandes amigos los Sres. Sagasta y Marqués de <st1:personname productid="la Vega" w:st="on">la Vega</st1:personname> de Armijo le distinguían con su cariñosa predilección. <o:p></o:p>

Tenía el Sr. Merelles cariño inextinguible a Galicia, su tierra, á la cual prestó grandes y excelentes servicios, muy estimados por sus paisanos.<o:p></o:p>

Deja el respetable hombre público á su viuda la señora doña Sofía Martel y cinco hijos: dos varones, el diputado á Cortes por Ribadavia, D. Adolfo, y D. Fernando, y tres hembras, doña Magdalena, casada con nuestro compañero el redactor jefe de El Liberal, D. Enrrique Trompeta; doña Antonia, casada con D. Manuel Muñoz, y doña Sofía, con D. Máximo Fernández de Robles.<o:p></o:p>

A todos ellos enviamos nuestro sincero pésame”. <o:p></o:p>

<o:p></o:p>

Don Adolfo Merelles Martel, (fillo de Merelles Caula) que como dixemos máis arriba, tamén foi deputado por Ribadavia, entre o 8 de maio de 1910 e 1914, estaba casado con dona Carme Eguiluz Álvarez. O matrimonio, acompañado do seu fillo Adolfo e das súas fillas Carme e Luísa, pasaban os veráns en Beariz. Cando faleceu Dona Carme o 21 de xuño de 1964, na súa necrolóxica dise “que se van celebrar misas gregorianas pola súa alma en Ribadavia e Beariz”. A Merelles Martel, grazas ó seu paso pola política nacional, débeselle o inicio das obras da estrada OR. 213, que une San Cristovo con Beariz. <o:p></o:p>

ESMOLEIRO DA CAPELA DE SANTO DOMINGO<o:p></o:p>

En canto ó esmoleiro situado na fachada da capela de Santo Domingo, onde remata a Serra do Suido, pola parte setentrional, temos que dicir que é unha simple fornela, ó xeito dunha cuncha completamente lisa, realizada nun perpiaño, sen ningún tipo de atavíos, nin sinais de devoción popular.

Esmoleiro de Santo Domingo<o:p></o:p>

Despois deste pequeno percorrido, no que pretendín facer fincapé nalgúns detalles sobre a figura de Xosé Cerviño García, coñecido tamén coma Pepe da Pena e dar conta destes monumentos que forman parte do patrimonio relixioso do concello de Beariz de Montes, non me resta máis que darlle as grazas a todos e desexarlles moi bo día.

Xesús Antonio Gulías Lamas<o:p></o:p>

2010

Xesús Gulías Lamashttp://www.blogger.com/profile/10650065565985121961noreply@blogger.com0